domingo, 3 de agosto de 2008

A CHAVE

Era pola noite, facía moito frío e tamén vento. Como todas as noites José acostárase cedo, aínda que só tiña catorce anos, xa traballaba!, traballaba nunha empresa que facía material rústico para as casa dos ricos.
O vento ruxía fora. Pensou no traxecto á fábrica, no vento e na chuvia. Entre soños e vento, de repente un ruído, era o mesmo ruído que oía todas as noites. Era o seu pai que chegaba da mesma fábrica á que el debía ir en menos de tres horas. O ruído era o dunha chave enorme, de ferro, que a súa nai poñía sempre ao lado da porta para cando chegara o seu home. Era un ruído coñecido e querido. Era o son de que papá xa estaba na casa. Oíase o rastrexar da chave sobre a pedra e logo como se metía na pechadura.
Esperou pero non pasou nada. Que raro! Pensou.
-Mamá.-Gritou dende a súa habitación
-Si, xa sei.
Durmeuse ata que máis tarde volveu a oír o mesmo ruído familiar de todas as noite. O rastrexo da chave, o metela na pechadura, pero esta vez abriuse. Seu pai estaba na casa!
Ao día seguinte, o seu padriño morrera!

No hay comentarios: